Actividades

Este Congreso terá lugar entre os días 14 e 16 de xullo no pabellón cultural da Vila Termal de Jaraba, provincia de Zaragoza.

A Conselleria de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega, forma parte do comité organizador da I FEIRA DA ENERXÍA DE GALICIA, que se celebrará do 14 ao 16 de abril en Silleda.

No marco do convenio de colaboración entre a FEMP e a Fundación "La Casa que Ahorra", para a mellora da eficiencia enerxética na edificación, está previsto realizar distintas xornadas divulgativas para proporcionar as Entidades Locais información e ferramentas que contribúan a me

O próximo martes 29 de setembro de 2015 en Santiago de Compostela, na sede da Fegamp, ás 12:00 horas terá lugar a Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O Fondo Galego quere facer extensiva esta convocatoria a todos os concellos galegos sexan socios ou non.

A Deputación Provincial de Pontevedra organiza con motivo do Día Europeo da Mobilidade para o próximo 23 de setembro unha xornada sobre mobilidade e espazos públicos, que terá lugar no Museo Provincial de Pontevedra.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG), organizan esta xornada para o vindeiro martes 28 de xullo a partir das 10.30 horas na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Como complemento á Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, o CPEIG (Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia) vai celebrar o 2 de xullo un encontro que amosará as potencialidades da Compra Pública Innovadora (CPI) para o impulso das firmas do noso tecido tecnolóxico.

A Escola Galega de Administración Pública celebrará o próximo 11 de xuño unha xornada destinada a formular posibles liñas de reforma das entidades locais desde unha perspectiva financeira.

O concello de Lalín en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, organiza a undécima edición do curso 'Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0', que terá lugar do 21 ao 24 de xullo no Auditorio Municipal desa localidade pontevedresa.

As bases están expostas no taboleiro do concello, Área de Igualdade e na páxina web http://www.carballino.org 

Páxinas