Axenda Fegamp

04/02/2016

A directora xeral de Puntogal Dominio Galego, Edita de Lorenzo, acudiu á Fegamp para estudar novas ferramentas de promoción co coordinador Raúl Fernández.

03/02/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, recibe a Carlos Teijo, director do Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC e profesor da facultade de Dereito, para abordar proxectos de colaboración.

03/02/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García reúnese nas instalacións da Xunta de Galicia en San Lázaro coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato.

27/01/2016

Xuntanza de traballo co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.

27/01/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, asiste ao Consello de Administración de SOGAMA.

26/01/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, asiste xunto co vicepresidente primeiro, Alfonso Villares e o secretario xeral, Eduardo Ramonde, ao Consello Territorial da FEMP celebrado en Madrid.

20/01/2016

Os voceiros da Fegamp reúnense coa secretaria xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas e técnicos do seu departamento. Un dos principais asuntos a tratar é a tramitación da Lei do Solo.

13/01/2016

Primeira xuntanza dos voceiros da Fegamp 2016.

13/01/2016

Xuntanza en Madrid dos secretarios xerais das Federacións Territoriais de Municipios, para preparar o próximo Consello Territorial. Asiste por parte da Fegamp o secretario xeral, Eduardo Ramonde.

Páxinas