Axenda Fegamp

27/04/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, asiste ao Consello de Administración de Sogama, celebrado nas instalacións da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en San Lázaro (Santiago de Compostela).

27/04/2016

A Fegamp acolleu unha xuntanza con responsables da Xunta de Galicia e das Deputacións provinciais para analizar as medidas contempladas na nova Axenda Social de Galicia.

27/04/2016

A Fegamp e a Xunta de Galicia organizaron unha xornada informativa sobre o regulamento da nova Lei do Solo de Galicia, á que asistiron un cento de responsables técnicos, edís de Urbanismo e rexedores/as.

21/04/2016

A sede da Fegamp acolleu a celebración da Mesa Nacional Galega de Formación, para elaborar a proposta formativa de cara a este ano 2016.

21/04/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, asiste en Madrid á reunión dos responsables das federacións autonómicas españolas. Xuntanza ordinaria na sede da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

20/04/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García e o vicepresidente executivo, Manuel Mirás reciben ao director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago e ao director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, para analizar o borrador da nova Lei de Es

15/04/2016

A Fegamp recibiu a visita do secretario xeral da Femp, Juan Ávila Francés, para afondar na colaboración e traballo conxunto entre as institucións municipalistas.

13/04/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, mantivo unha reunión sobre a posible problemática da concesión de novas licenzas de estacións de servizo, en especial as de baixo custo, que carecen de persoal.

06/04/2016

A xuntanza celebrada na Fegamp tivo como obxectivo a constitución da Comisión de Análise para o Estudo e Proposta de Medidas para a reforma da normativa que rexe as Facendas Locais

05/04/2016

A Fegamp, representada polo seu presidente Alfredo García, participou nas xornadas 'Poder Local e Unión Europea', organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela.
 

Páxinas