Axenda Fegamp

15/04/2016

A Fegamp recibiu a visita do secretario xeral da Femp, Juan Ávila Francés, para afondar na colaboración e traballo conxunto entre as institucións municipalistas.

13/04/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, mantivo unha reunión sobre a posible problemática da concesión de novas licenzas de estacións de servizo, en especial as de baixo custo, que carecen de persoal.

06/04/2016

A xuntanza celebrada na Fegamp tivo como obxectivo a constitución da Comisión de Análise para o Estudo e Proposta de Medidas para a reforma da normativa que rexe as Facendas Locais

05/04/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, asina un convenio para mellorar os puntos limpos coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación, Beatriz Mato.
 

05/04/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, mantivo unha reunión co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, para falar sobre a débeda de expropiación duns terreos do municipio pontevedrés.

05/04/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, participou na Xornada sobre a Nova Lei do Solo que organizou a Universidade de A Coruña.

05/04/2016

O secretario xeral da Fegamp, Eduardo Ramonde, mantivo unha reunión co administrador da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Enrique Santos.

05/04/2016

A Fegamp, representada polo seu presidente Alfredo García, participou nas xornadas 'Poder Local e Unión Europea', organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela.
 

05/04/2016

O secretario xeral da Fegamp, Eduardo Ramonde, mantivo unha reunión de traballo ca presidenta de Unicef Galicia, Myriam Garabito, para falar entre outras cuestións sobre a situación dos refuxiados e as solucións que pode ofrecer o municipalismo.

30/03/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, reuniuse en San Caetano co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, para tratar o desenvolvemento dun Plan Estratéxico para a Dinamización dos Pequenos Cascos Históricos.

Páxinas