Buscador Avanzado

05/12/2019 
A FEGAMP, en colaboración con UNICEF Comité Galicia e a Consellería de Política Social teñen o pracer de convidarlle ás III Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia “Unha aposta clave para promover o enfoque de Dereitos de Infancia no ámbito local” que terá lugar o vindeiro mé
29/11/2019 
Alfredo García participou na apertura da X Asemblea da Federación Galega de Municipios e Provincias, baixo o lema O Valor do Poder Local, na que tamén interviñeron o alcalde de Santiago, José Bugallo, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández. García resaltou ”o consenso e a unanimidade entre os grupos políticos da Fegamp como chave das decisións tomadas” ao longo da súa etapa na presidencia. Entre os fitos acadados pola Fegamp nesta etapa Fegamp, García destacou logros económicos como a devolución do céntimo sanitario, tamén a renovación do convenio dos Grupos Supramunicipais de Emerxencias (GES) ou o convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias, ou a consecución do documento das 100 medidas a prol do municipalismo apoiado por todos os grupos políticos da Fegamp. Ademais destacou a posta marcha da sede electrónica da Federación, unhas contas totalmente saneadas e a realización de xornadas formativas sobre diversas materias que supoñían un reto para os concellos. Alfredo García resaltou no seu discurso as cifras que avalan a responsabilidade por parte das entidades locais: “a débeda dos concellos galegos descendeu de 255 € a 91 € por habitante desde o 2013 ata o 2018, o remanente de tesouraría no exercicio do 2017 situouse por riba dos 600 millóns, e o resultado orzamentario deste ano superou os 300 millóns de euros”.
29/11/2019 
Quedou clausurada a X ASemblea da Fegamp e constituidos os novos órganos directivos resultando elixido presidente o cabeza de lista Alberto Varela PAz, alcalde de Vilagarcía de Arousa.
22/11/2019 
"A reforma do réxime local en Galicia. A planta local"
22/11/2019 
Campaña realizada con motivo do Día Internacional para a Eliminación da violencia contra a Muller que se celebra o 25 de Novembro coa que queremos ofrecer de novo unha visión positiva e construtiva da relación de entendemento e comprensión que pode e debe ser posible entre os dous sexos

Páxinas