11 abril: 2ª MESA DE RESIDUOS

Data: 

xoves, 11 Abril, 2019 - 10:00 a 14:00

O pasado 5 de febreiro de 2019 tivo lugar a primeira Mesa de Residuos na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, en Santiago de Compostela. Esta Mesa enmárcase no estudo do actual sistema de xestión dos residuos orgánicos na Entidades Locais que está a desenvolver an Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Esta primeira reunión da Mesa de Residuos serviu de presentación das actuacións que se están a impulsar dende esta Consellería co obxectivo de mellorar a xestión dos residuos municipais, no marco do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2022, así como de introdución ao estado actual da xestión dos biorresiduos na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Neste segundo encontro da Mesa de Residuos, a temática a tratar serán os aspectos técnicos e económicos da implantación dos diferentes sistemas de xestión diferenciada da fracción orgánica dos residuos municipais, tendo en conta a realidade do territorio galego.

A reunión terá lugar o vindeiro día 11 de abril a partir das 10 horas na Escola Galega de Administración Pública (Aula 5), sita en Rúa de Madrid, 2, Santiago de Compostela.

Para confirmar asistencia, prégase a formalización da inscrición a través da seguinte ligazón, antes do martes 9 de abril: https://goo.gl/Jzwe1G

 

Poden dirixir as súas consultas a residuos.economia.circular@xunta.gal

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa da 2ª Mesa de Residuos283.54 KB