5ª EDICIÓN - CURSO ONLINE SOBRE SAÚDE LOCAL

Data: 

luns, 3 Xullo, 2017 (Todo o día) a venres, 27 Outubro, 2017 (Todo o día)

Este curso coordinado pola Subdirección Xeral de Promoción da Saúde e Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade desenvolverase do 3 de xullo ao 27 de outubro de 2017. (50 horas lectivas)

As solicitudes, coma sempre, deben enviarse ao seguinte enderezo electrónico Vida.Saudable.Eps@sergas.es.

O prazo de remisión de solicitudes remata o 26 de xuño (incluído).

Obxectivos:

Capacitar aos profesionais no desenvolvemento das accións da implementación local da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do SNS, co fin de fomentar a saúde e o benestar da poboación.

Contidos:

Consta de 3 capítulos que se presentan de maneira amena, con información teórica, exercicios de análise e reflexión, ideas prácticas e claves para o traballo diario e exemplos prácticos:
1.O municipio como entorno promotor da saúde e benestar.
2.A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no ámbito local.
3.A implementación local da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención paso a paso (parte I e II).

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Tríptico do curso285.8 KB
Fegamp