AXUDAS AO TEATRO E AO CIRCO CORRESPONDENTES AO ANO 2018. PRAZO: 20-02-2018

Data: 

mércores, 31 Xaneiro, 2018 (Todo o día) a martes, 20 Febreiro, 2018 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Extracto da resolución do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, pola que se convocan axudas ao teatro e ao circo correspondentes ao ano 2018. BDNS(Identif.):383419.

Obxecto e finalidade

Axudas ao teatro e ao circo en réxime de concorrencia competitiva no marco das competencias do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música e de acordo cos obxectivos que ten encomendados en orde á preservación do patrimonio cultural teatral e circense e á súa difusión no ámbito do territorio do Estado e fóra das súas fronteiras, favorecendo especialmente a comunicación entre as distintas Comunidades Autónomas, a igualdade de todos os cidadáns no acceso aos servizos culturais e a creación e consolidación de novos públicos.

Bases reguladoras

Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva do Ministerio de Cultura e dos seus organismos públicos. URL español: http://www.boe.es/diario_ boe/txt.php?id=BOE-A-2010-17455

Beneficiarios

Persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que cumpran os requisitos establecidos nesta resolución para cada modalidade de axuda. Os solicitantes deberán ter establecemento permanente en calquera dos Estados da Unión Europea e demais Estados do Espazo Económico Europeo, con plena igualdade de trato. Quedan excluídos aqueles solicitantes que teñan a súa residencia fiscal en países e territorios considerados paraísos fiscais de acordo co disposto polo Real Decreto 1080/1991, do 5 de xullo.

Así mesmo, poderán solicitar axuda as persoas, entidades e agrupacións indicadas no artigo 2.2 da Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro.

Modalidades de axuda

A. Programa de apoio ao teatro e ao circo no ámbito nacional:

A1.1. Apoio ás xiras teatrais polo territorio nacional.

A1.3. Apoio ás xiras de coproducións teatrais e circenses interautonómicas.

A2. Apoio a programacións anuais de ámbito nacional en salas privadas de teatro.

A3. Apoio a programacións bienais de ámbito nacional en salas privadas de teatro.

B. Programa de apoio ao teatro e ao circo no ámbito internacional:

B1. Apoio ás xiras teatrais polo estranxeiro.

B2. Apoio ás producións teatrais e circenses no estranxeiro.

C. Programa específico de apoio ao circo no ámbito nacional e internacional:

C1. Apoio ás xiras circenses polo territorio nacional.

C2. Apoio ás xiras circenses polo estranxeiro.

D. Programa de apoio a festivais, feiras, mostras, circuítos, outros eventos e a asociacións, federacións e confederacións de ámbito estatal e proxección internacional:

D1. Axudas á realización de festivais, feiras, mostras, circuítos e outros eventos teatrais.

D2. Axudas á realización de festivais, feiras, mostras, circuítos e outros eventos circenses.

D3. Axudas ás asociacións, federacións e confederacións de ámbito estatal e proxección internacional para actividades teatrais e circenses.

Contía

O importe total máximo imputable da convocatoria será de 7.793.058 euros.

En ningún caso a axuda concedida poderá superar o 65 por cento do custo total estimado do proxecto. A contía máxima individual das axudas non poderá superar as seguintes cantidades:

Modalidades/Contía máxima individual (€)

A1.1/45.000

A1.3/115.000

A3/80.000 (40.000/ano)

A2, B2/30.000

B1, C2/40.000

C1, D1, D2/65.000

D3/80.000

Prazo

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Descargas: