AXUDAS ÁS CORPORACIÓNS LOCAIS E EMPRESAS PÚBLICAS PARA OBRAS DE ACCESIBILIDADE E OBRAS EN INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS RELACIONADAS COA CELEBRACIÓN DE COMPETICIÓNS DE CARÁCTER INTERNACIONAL. PRAZO: 25-04-2019

Data: 

mércores, 27 Marzo, 2019 (Todo o día) a xoves, 25 Abril, 2019 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da Resolución do 19 de marzo de 2019, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se convocan axudas ás Corporacións Locais e Empresas Públicas no ano 2019, para obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional. BDNS (Identif.): 445076.

Finalidade

A subvención diríxese a corporacións locais e empresas públicas municipais que realicen obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional.

Beneficiarios

Serán beneficiarias das subvencións as corporacións locais e empresas públicas municipais.

Bases Reguladoras

Orde ECD/2681/2012, do 12 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións e axudas polo Consello Superior de Deportes.

Importe

O importe máximo imputable á subvención será de 517.500 €.

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 30 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación no B.O.E. do extracto da presente Resolución.

Descargas: