AXUDAS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA ESTATAL DE INCENTIVOS Á MOBILIDADE EFICIENTE E SUSTENTABLE (PROGRAMA MOVES). PRAZO: 31-12-2019.

Data: 

luns, 17 Xuño, 2019 (Todo o día) a martes, 31 Decembro, 2019 (Todo o día)

 

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

Resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES). Anualidade 2019 (códigos de procedemento IN421Q e IN421R). BDNS (Identif.): 450055.

Obxecto

1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2019-2021 para a concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES) (IN421Q, IN421R).

2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas, será obrigatorio o achatarramento dun vehículo M1 de máis de dez anos ou dun vehículo N1 de máis de sete anos para as adquisicións de vehículos novos M1 ou N1.

Actuación 2: implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos.

Actuación 3: implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.

Actuación 4: implantación de medidas contidas en plans de transporte ao traballo en empresas.

3. A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción prevista no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Entidades beneficiarias

1. Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 2.2 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Beneficiarios das Actuacións 1 e 2:

  • Profesionais e autónomos
  • Persoas físicas
  • Comunidades de propietarios
  • Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W
  • O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional

Beneficiarios das Actuacións 3 e 4: 

  • Profesionais e autónomos
  • Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W
  • O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional

 

2. Non serán beneficiarias destas axudas:

a) Empresas en crise segundo a definición do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

b) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que tivese declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Forma de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaraas directamente o beneficiario ou a persoa que o represente, salvo cando se trate de axudas para:

– Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas. Neste caso a solicitude farase a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras.

– Actuación 2: implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos. Todas as solicitudes, independentemente do tipo de beneficiario de que se trate, se farán a través de empresas con actividade de instalación de baixa tensión, que actuarán como entidades colaboradoras.

Prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará no prazo dun mes contado a partir do día hábil seguinte á publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia do Programa MOVES.

2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará no prazo de dous meses contados a partir do día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria, comezará ás 9.00 horas e permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2019.

Descargas: