AXUDAS DA FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE PARA PROXECTOS APOIADOS POLO PROGRAMA LIFE NO ÁMBITO DA BIODIVERSIDADE 2017. PRAZO: 16-10-2017

Data: 

mércores, 15 Marzo, 2017 (Todo o día) a luns, 16 Outubro, 2017 (Todo o día)

 

Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

Extracto da Resolución do 24 de febreiro de 2017 da Dirección da Fundación Biodiversidade, pola que se aproba a publicación da Convocatoria de concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a cofinanciación de proxectos apoiados polo programa LIFE no ámbito da biodiversidade 2017. BDNS (Identif.): 335003.

Obxecto

Serán obxecto das axudas aquelas actividades incluídas en proxectos LIFE Natureza e Biodiversidade, LIFE Gobernanza e Información Ambientais, proxectos LIFE+ sobre Natureza e Biodiversidade e proxectos LIFE+ sobre Información e Comunicación con obxectivos centrados en natureza e biodiversidade, que estean a data de presentación da solicitude xa aprobados pola Comisión Europea.

Bases reguladoras

Resolución do 23 de febreiro de 2017, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se publican as bases reguladoras da concesión de axudas pola Fundación Biodiversidade. BOE núm. 58, do 9 de marzo de 2017.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos nos apartados 5.1.a), 5.2, 5.3 e 5.4 das Bases reguladoras da concesión de axudas pola Fundación Biodiversidade en réxime de concorrencia non competitiva para contribuír á cofinanciación nacional do programa LIFE da Unión Europea.

Dotación

A dotación máxima global da convocatoria é de ata 1.000.000 €. O importe máximo que se pode conceder por cada solicitude de axuda non pode ser superior a 200.000€.

Prazo 

O prazo para presentar solicitudes comezará desde o día seguinte á data de publicación desta convocatoria ata as 14:00 horas (hora peninsular) do día 16 de outubro de 2017, nos termos e condicións especificados nas Bases Reguladoras.

Outros datos

O texto completo da convocatoria, así como o resto da información relevante do proceso estará publicado na páxina web da Fundación Biodiversidade, www.fundacion-biodiversidad.es

Descargas: