AXUDAS DA FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NO ÁMBITO DA BIODIVERSIDADE TERRESTRE, MARIÑA E LITORAL 2017. NOVO PRAZO: 17-07-2017

Data: 

mércores, 15 Marzo, 2017 (Todo o día) a luns, 17 Xullo, 2017 (Todo o día)

 

Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

Extracto da Resolución do 24 de febreiro de 2017 da Dirección da Fundación Biodiversidade, pola que se aproba a publicación da convocatoria de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de actividades no ámbito da biodiversidade terrestre, biodiversidade mariña e litoral 2017. BDNS(Identif.): 334974.

Obxecto

Axudas para a realización de actividades no ámbito da biodiversidade terrestre e biodiversidade mariña e litoral sempre que se relacionen directamente cos fins da Fundación Biodiversidade previstos nos seus Estatutos, adecúense ao marco competencial constitucionalmente establecido, e presenten maior idoneidade para recibila con arranxo aos criterios establecidos.

Bases reguladoras

Resolución do 23 de febreiro de 2017, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se publican as bases reguladoras da concesión de axudas pola Fundación Biodiversidade. BOE núm. 58, do 9 de marzo de 2017.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos nos apartados 4.1.a), 4.1.b) e 4.2 das Bases reguladoras da concesión de axudas pola Fundación Biodiversidade, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de actividades no ámbito da biodiversidade terrestre, mariña e litoral, o cambio climático e a calidade ambiental.

Dotación

A dotación máxima global da convocatoria é de ata 1.000.000 de euros. O importe máximo que se pode conceder por cada solicitude de axuda non pode ser superior a 50.000 euros.

Prazo

O prazo para presentar solicitudes comezará desde o día seguinte á data de publicación desta convocatoria ata as 14:00 horas (hora peninsular) do día 30 de xuño de 2017, nos termos e condicións especificados nas Bases Reguladoras. AMPLIACIÓN PRAZO: ATA O 17 DE XULLO DE 2017 (14.00h).

Outros datos

O texto completo da convocatoria, así como o resto da información relevante do proceso estará publicado na páxina web da Fundación Biodiversidade, www.fundacion-biodiversidad.es

Descargas: 

galer_a_fotos