AXUDAS Á DANZA, A LÍRICA E A MÚSICA CORRESPONDENTES AO ANO 2019. PRAZO: 30-04-2019

Data: 

venres, 5 Abril, 2019 (Todo o día) a martes, 30 Abril, 2019 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da resolución do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, pola que se convocan axudas á danza, a lírica e a música correspondentes ao ano 2019. BDNS (Identif.): 447241.

Obxecto e finalidade

Axudas á danza, a lírica e a música en réxime de concorrencia competitiva, no marco das competencias do INAEM e de acordo cos obxectivos que ten encomendados en orde á preservación do patrimonio coreográfico, lírico e musical e á súa difusión no ámbito do territorio do Estado e fóra das súas fronteiras, favorecendo especialmente a comunicación cultural entre as distintas Comunidades Autónomas, a igualdade de todos os cidadáns no acceso aos servizos culturais e a creación e consolidación de novos públicos.

Bases reguladoras

Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva do Ministerio de Cultura e dos seus organismos públicos.URL español https://www.boe.es/diario_ boe/ txt. php?ide=BOE-A-2010-17455.

Beneficiarios

Persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, con establecemento permanente en calquera Estado da Unión Europea e demais Estados asociados ao Espazo Económico Europeo, con plena igualdade de trato, fóra dos residentes nos considerados paraísos fiscais segundo o Real Decreto 1080/1991, do 5 de xullo, polo que se determinan os países ou territorios a que se refiren os artigos 2, apartados 3, número 4, da Lei 17/1991, do 27 de maio, de medidas fiscais urxentes, e 62 da Lei 31/1990, do 27 de decembro, pola que se aproban os Orzamentos Xerais do Estado para o ano 1991.

Así mesmo, poderán solicitar estas axudas as persoas, entidades e agrupacións indicadas no artigo 2.2 da Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro.

Modalidades de axuda

As modalidades de axuda que se convocan son as que a continuación se enumeran:

A. Axudas á danza.

A1. Programas de apoio para xiras por España.

A1.1. Apoio a compañías de danza para xiras por España.

A1.2. Apoio a xiras de coproducións de danza interautonómicas.

A.2. Programas de apoio a compañías de danza para xiras polo estranxeiro.

A3. Programas de apoio a entidades sen ánimo de lucro de ámbito estatal para a realización de actividades de danza.

A4. Programas de apoio a festivais, mostras, certames e congresos de danza.

A5. Programas de apoio a espazos escénicos e musicais con programacións coreográficas estables.

A6. Programas de apoio a circuítos de danza organizados por redes de espazos escénicos e musicais, festivais e certames.

A7. Programas de apoio a residencias artísticas de danza no territorio nacional.

B. Axudas á lírica e a música.

B1. Programas de apoio para xiras por España.

B1.1. Apoio a intérpretes e agrupacións de lírica e música para xiras por España.

B1.2. Apoio a xiras de coproducións de lírica e música interautonómicas.

B2. Programas de apoio a intérpretes e agrupacións de lírica e música para xiras polo estranxeiro.

B3. Programas de apoio a entidades sen ánimo de lucro de ámbito estatal, para a realización de actividades de lírica e música.

B4. Programas de apoio a festivais, mostras, certames e congresos de lírica e música.

B5. Programas de apoio para a organización de tempadas líricas.

B6. Programas de apoio a encargos de composición vinculados a estrea.

B7. Programas de apoio a residencias artísticas de lírica e música no territorio nacional.

Contía

O importe total máximo imputable á convocatoria será de 6.008.262 €.

En ningún caso a contía da axuda poderá superar o 65 por cento do custo total do proxecto. Na modalidade A6. Programas de apoio a circuítos de danza organizados por redes de espazos escénicos e musicais, festivais e certames este límite poderase ampliar ata o 80 % do custo total do proxecto.

A contía máxima individual da axuda concedida non poderá superar as seguintes cantidades:

Modalidade A1:

Submodalidad A1.1: 70.000 euros
Submodalidad A1.2: 100.000 euros

Modalidade B1:

Submodalidad B1.1: 100.000 euros
Submodalidad B1.2: 100.000 euros

Modalidades A2 e B2: 70.000 euros

Modalidades A3 e B3: 100.000 euros

Modalidades A4 e B4: 100.000 euros

Modalidades A5 e B5: 100.000 euros

Modalidade A6: 120.000 euros

Modalidade B6: 15.000 euros

Modalidades A7 e B7: 25.000 euros

Prazo

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no "Boletín Oficial do Estado".

 

 

 

Descargas: