AXUDAS DO PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO, FORMACIÓN E EDUCACIÓN, DESTINADAS Á INSERCIÓN DAS PERSOAS MÁIS VULNERABLES. PRAZO: Pendente publicación extracto da convocatoria.

 

Ministerio da Presidencia e para as Administracións Territoriais

Orde PRA/37/2018, do 16 de xaneiro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación, destinadas a entidades locais para a inserción das persoas máis vulnerables.

Obxecto e finalidade 

1. As presentes bases teñen por obxecto regular a concesión das axudas previstas no Eixo Prioritario 2 do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación ( POEFE) do Fondo Social Europeo ( FSE), destinadas ás Entidades Locais para cofinanciar iniciativas ou proxectos no ámbito da inclusión social, loita contra a pobreza e a discriminación (en diante AP- POEFE).

2. A finalidade destas axudas é mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción.

Entidades beneficiarias 

1. Poderán participar nas convocatorias e resultar beneficiarias das axudas, sempre que cumpran cos requisitos legais, as seguintes Entidades:

a) Os Concellos de municipios con poboación superior a 20.000 habitantes.
b) As Deputacións, os Cabidos e Consellos Insulares, así como as Comunidades Autónomas uniprovinciais no exercicio das competencias que corresponden á Deputacións Provinciais.
c) Os Organismos autónomos dependentes dalgunha das entidades indicadas nas letras anteriores.

2. Para determinar a cifra de habitantes tomarase como referencia o Real Decreto do Consello de Ministros, polo que se declaren oficiais as cifras de poboación resultante da revisión padronal, vixente á data de entrada en vigor da correspondente convocatoria.

3. As referencias dirixidas ás entidades locais nas presentes bases reguladoras, entenderanse feitas igualmente ás Comunidades Autónomas uniprovinciais que exerzan as competencias das Deputacións.

4. A condición de beneficiario da axuda implica que asumen fronte ao organismo intermedio a totalidade de dereitos e obrigacións inherentes a tal condición, nos termos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e o seu Regulamento, aprobado mediante Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo.

5. Non poderán ser beneficiarias das axudas as Entidades nas que concorra algunha das circunstancias relacionadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Prazo

As solicitudes presentaranse no prazo de 40 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado», por conduto da Base de Datos Nacional de Subvencións, que iniciará o procedemento de concesión da axuda.
 

 

Descargas: