AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS SINGULARES ORIENTADOS Á MODERNIZACIÓN COMERCIAL. PRAZO: 30-09-2020

Data: 

venres, 4 Setembro, 2020 (Todo o día) a mércores, 30 Setembro, 2020 (Todo o día)

 

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España

Convocatoria pública para a concesión de axudas para a execución de Proxectos Singulares orientados á Modernización Comercial.

Entidades Beneficiarias

Os beneficiarios das axudas poderán ser:

1. Comunidades Autónomas

2. Concellos.

3. Deputacións e Cabidos

4. Outras entidades e agrupacións de municipios recolleitos no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Importe

O importe das axudas para o desenvolvemento das actuacións descritas na convocatoria é de 1.700.000 euros.

Os proxectos poderán desenvolverse naquelas CCAAs que contan con dispoñibilidade de fondos FEDER correspondentes ao P.O. de Crecemento Intelixente 2014-2020:

Andalucía, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Comunidade Valenciana, Comunidad de Madrid, Estremadura, Galicia, A Rioxa e País Vasco.

Prazo de solicitude

A data límite de presentación das propostas é o 30 de setembro de 2020 ás 14:00 h.

Máis información

As bases pola que se regula esta convocatoria pódense consultar en https://sede.camara.es/sede/tramites/TR0000002780

Descargas: