AXUDAS PARA O MANTEMENTO DE AULAS DE FORMACIÓN ABERTA, FLEXIBLE E A DISTANCIA MEDIANTE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN A TRAVÉS DE AULA MENTOR. PRAZO: 30-06-2019

Data: 

martes, 11 Xuño, 2019 (Todo o día) a domingo, 30 Xuño, 2019 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación e Formación Profesional

Extracto da Resolución do 4 de xuño de 2019, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas a entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para o mantemento de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de Aula Mentor. BDNS (Identif.): 459794).

Finalidade

O obxectivo e deseño está orientado a mellorar a cualificación profesional das persoas adultas, ampliar a súa cultura e promover o desenvolvemento das súas capacidades e competencias, utilizando contornas de formación apoiadas nas tecnoloxías da información e da comunicación. Estas axudas están especialmente dirixidas a aquelas iniciativas que promovan as políticas de igualdade, non discriminación e accesibilidade universal no ámbito da formación de persoas adultas. Así mesmo, teranse igualmente en consideración as iniciativas que adopten as aulas para impulsar a formación de persoas especialmente vulnerables e aqueles proxectos destinados á poboación do medio rural, en especial naquelas zonas ou territorios onde máis negativamente inflúe o despoboamento e o envellecemento da poboación, onde as comunicacións presentan máis problemas e o acceso é máis difícil e onde se prestan e reciben con máis dificultade os diferentes servizos (educación, saúde, etcétera).

Bases reguladoras

Orde ECI/1305/2005, do 20 de abril, publicada no «BOE» do 12 de maio de 2005.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas axudas as entidades locais ás que se refire o artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, así como as entidades locais de ámbito territorial inferior ao municipal instituidas ou recoñecidas polas comunidades autónomas e as entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais. Todas elas deberán ter operativa un Aula Mentor. A selección será efectuada en réxime de concorrencia competitiva.

Importe

Para o logro da finalidade sinalada disponse, na aplicación orzamentaria 18.05.322 L.463, dunha dotación de 116.406,00 € que se distribuirán en 29 módulos de 4.014,00 € euros cada un.

Prazo

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da presente Resolución no «Boletín Oficial do Estado».

Descargas: