AXUDAS PARA OBRAS DE ACCESIBILIDADE E OBRAS EN INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS RELACIONADAS COA CELEBRACIÓN DE COMPETICIÓNS DE CARÁCTER INTERNACIONAL. PRAZO: 17-12-2019

Data: 

martes, 19 Novembro, 2019 (Todo o día) a martes, 17 Decembro, 2019 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da resolución, do 12 de novembro de 2019, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se convocan axudas ás corporacións locais e empresas públicas municipais no ano 2020, para obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional. BDNS (Identif.): 481644.

Finalidade da convocatoria

A subvención diríxese a corporacións locais e empresas públicas municipais que realicen obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional.

Bases Reguladoras

Orde ECD/2681/2012, do 12 de decembro (B.O.E. do 15 de decembro), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións e axudas polo Consello Superior de Deportes.

Beneficiarios

Serán beneficiarias das subvencións as corporacións locais e empresas públicas municipais que, non atopándose en ningunha das circunstancias de exclusión sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, resulten adxudicatarias da presente convocatoria, quedando suxeitas así mesmo ao cumprimento das obrigacións que figuran no artigo 14 da citada Lei.

Importe

O importe máximo imputable á subvención será de 362.250,00 €.

Prazo de presentación de solicitudes

Vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste extracto no B.O.E.

Descargas: