Santiago, 17 de xaneiro de 08. O presidente da FEGAMP e alcalde de Ames, Carlos Fernández, ven de anunciar que remitirá, nos próximos días, un escrito ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, manifestándolle as inquietudes que produce nos concellos a actuación unilateral da vicepresidencia na elaboración do anteproxecto da Lei de Servizos Sociais e reivindicando o dereito da FEGAMP, como órgano que aglutina aos 315 concellos e ás catro deputacións de Galicia a manifestarse sobre o contido de calquera proxecto de lei, previamente á súa tramitación. E non atoparnos con feitos consumados que interfiren na autonomía local engadiu.