Carlos Fernández valora a receptividade que empeza a mostrar a conselleira e espera que o diálogo fructifique, como sucedeu no anteproxecto de lei de Vivenda



Santiago, 18 de abril de 08. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Ames, Carlos Fernández, rexeitou as acusacións de “mala intención” nas discrepancias manifestadas polos concellos ás Normas do Hábitat, tal e como hoxe afirmou a conselleira de Vivenda, Tareixa Táboas.

 

Fernández reiterou que, as diferencias da Fegamp respecto ao decreto se cinguen estrictamente ao ámbito municipal, ao considerar que teñen efectos lesivos para autonomía local.

 

O alcalde de Ames matiza á titular de Vivenda e lembra que a federación municipalista xa informara ao seu departamento, en maio de 2007 cando aínda el non era presidente da Fegamp, de que o texto podía “atacar á autonomía local” e que “ e