CARTA DA DIRECCIÓN XERAL DOS REXISTROS E DO NOTARIADO Á FEGAMP SOBRE OS REXISTROS CIVÍS

Data: 

xoves, 21 Maio, 2015 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) recibíu unha carta do director xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza do Goberno central, Javier Gómez Gálligo, na que agradece a disposición a colaborar do órgano que preside José Manuel Rey Varela para intentar acadar un consenso ‘tanto dos afectados, como dos traballadores, os sindicatos e os partidos políticos’ no que se refíre á reforma do Rexistro Civil, recentemente paralizada polo ministro Rafael Catalá.

O Goberno resposta dese xeito á segunda das cartas que a Fegamp enviara o pasado 21 de abril (a primeira mandouna o 20 de febreiro) á Dirección Xeral dos Rexistros, reiterándolle á disposición a colaborar, nomeadamente, naqueles concellos que na actualidade carezan de xulgados de paz ou de rexistros mercantís ou da propiedade.

Xuntamos o texto íntegro da carta da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado.

Descargas: