CHARLA – COLOQUIO "ENTIDADES RESPONSABLES COA SOSTIBILIDADE FORESTAL"

Data: 

mércores, 21 Novembro, 2018 (Todo o día)
Cartel da charla - coloquio Entidades Responsables coa Sostibilidade Forestal

A Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal - PEFC GALICIA, organiza unha CHARLA – COLOQUIO sobre "Entidades Responsables coa Sostibilidade Forestal", que terá lugar o vindeiro mércores 21 de novembro de 2018 no Edificio FEUGA, Campus Vida (Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. 15705 Santiago de Compostela).

Neste encontro, dirixido a entidades públicas e privadas, informarase sobre a certificación forestal PEFC como garante de que os materiais e produtos que adquiren proceden de bosques xestionados de forma responsable en base a criterios de sostibilidade, sobre a importancia de dinamizar o sector forestal para dar resposta ás necesidades de diversificación dos novos mercados, e promover a través das Políticas de Contratación Pública, a contratación e compra responsable de produtos certificados PEFC establecendo un plan de compras verdes.

Prégase confirme asistencia na seguinte ligazón:  

 LIGAZÓN CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA

Esta Acción é gratuíta, e está financiada pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e o PEFC Galicia. Colaboran a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA).

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa da Charla - Coloquio 540.4 KB