Concellos de Interese Turístico Galego

Con data 2 de marzo de 2015, aprobouse o Decreto 32/2015, de 19 de febreiro, polo que se regula a Declaración de Municipio Turístico. Este novo Decreto engade novas esixencias, co propósito de que a Declaración de Municipio Turístico implique para o concello un compromiso real e efectivo dirixido a potenciar o sector turístico.

Os municipios turísticos declarados con anterioridade á entrada en vigor do Decreto manterán a súa declaración en canto cumpran cos requisitos e servizos mínimos establecidos na nova regulación. Para aqueles municipios turísticos declarados con anterioridade á súa entrada en vigor, que non reúnan os requisitos establecidos no novo Decreto, establécese un prazo de catro anos para a súa adaptación.

O novo Decreto endurece as condicións de acceso á Declaración de Municipio Turístico a prol da calidade e a excelencia dos municipios turísticos de Galicia.

Os requisitos e servizos mínimos que deben cumprir os concellos para que proceda a declaración continúan sendo que a poboación turística sexa superior ao 25% do número total de veciños, que o número de prazas de aloxamento turístico e de prazas de segunda residencia sexa superior ao 50% do número total de veciños, e que acrediten contar, dentro do seu territorio, con algún recurso ou servizo turístico susceptible de producir unha atracción turística que xere unha cantidade de visitantes cinco veces superior á súa poboación. Pero endurécense estes requisitos ao esixir a concorrencia de todos eles, é dicir, considéranse de xeito acumulativo e non alternativo.

O procedemento, a diferenza da regulación actual, só poderá iniciarse por instancia do concello interesado. No Decreto vixente era necesario o acordo do pleno do concello pero o procedemento podía iniciarse por petición dos propios concellos ou por iniciativa da Administración turística autonómica.

Outra das principais novidades refírese á competencia para a revogación das declaracións, que na lexislación vixente correspondía ao Consello da Xunta de Galicia. No proxecto de Decreto establécese que esa competencia a terá a Dirección Xeral de Turismo de Galicia.

Os municipios de interese turístico galego, para acadar esta distinción, deben reunir unha serie de requisitos de carácter histórico, monumental, paisaxístico e de conservación da natureza. Dentro das condicións esixidas para a obtención desta distinción podemos diferenciar requisitos de carácter cuantitativo e de carácter cualitativo. Entre os requisitos cuantitativos, podemos citar a afluencia turística ou o número de aloxamentos turísticos e segundas residencias, e entre os requisitos cualitativos que deben cumprir podemos enumerar, a prestación de servizos e infraestruturas municipais cuns niveis mínimos de calidade.

Os concellos galegos obtiveron que a declaración de Municipio de Interese Turístico Galego, ao cumprir os requisitos esixidos no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia do Consello Galego de Turismo, Declaración de Municipio Turístico Galego e Declaracións de Festas de Galicia de Interese Turístico, son os seguintes:

 

A CORUÑA 

Pobra do Caramiñal A (D.O.G. 14/8/2004)

Betanzos (D.O.G. 27/12/2000)

Cedeira (D.O.G. 9/7/2009)

Corcubión (D.O.G. 27/12/2000)

Fisterra (D.O.G. 28/2/2000)

Laxe (D.O.G. 10/12/2007)

Miño (D.O.G. 10/10/2000)

Muros (D.O.G. 8/10/2015)

Padrón (D.O.G. 28/2/2000)

Pontedeume (D.O.G. 8/10/2001)

Rianxo (D.O.G. 8/8/2007)

Ribeira (D.O.G. 8/10/2001)

Santiago de Compostela (D.O.G. 24/7/2002)

 

LUGO

Chantada (D.O.G. 3/1/2000)

Foz (D.O.G. 26/7/2005)

Lugo (D.O.G. 24/5/2006)

Mondoñedo (D.O.G. 3/1/2000)

Monforte (D.O.G. 3/1/2000)

Palas de Rei (D.O.G. 18/2/2015)

Quiroga (D.O.G. 26/7/2005)

Ribadeo (D.O.G. 31/5/1999)

Samos (D.O.G. 26/7/2005)

Sarria (D.O.G. 20/12/2010)

Sober (D.O.G. 18/7/2014)

Viveiro (D.O.G. 28/2/2000)

 

OURENSE

Allariz (D.O.G. 3/1/2000)

Carballiño O (D.O.G.3/1/2000)

Celanova (D.O.G.28/2/2000)

Leiro (D.O.G.3/1/1999)

Monterrei (D.O.G.3/1/1999)

Nogueira de Ramuín (D.O.G.3/1/2000)

Pobra de Trives (D.O.G.31/5/1999)

Ribadavia (D.O.G.28/2/2000)

Veiga, A (D.O.G.8/10/2001)

 

PONTEVEDRA

Baiona (D.O.G. 31/5/1999)

Mondariz-Balneario (D.O.G.31/5/1999)

Sanxenxo (D.O.G. 31/5/1999)

Cambados (D.O.G. 3/1/2000)

Grove O (D.O.G. 3/1/2000)

Tui (D.O.G. 28/2/2000)

Poio (D.O.G. 2/6/2000)

Guarda A (D.O.G. 15/6/2001)

Cangas (D.O.G. 15/6/2001)

Nigrán, (D.O.G. 24/8/2004)

Vilagarcía (D.O.G. 24/8/2004)