A Consellería de Medio Ambiente e a Fegamp promoven a primeira Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade, na que 58 entidades locais impulsarán os seus propios plans para acadar unha xestión sostible



 

Santiago, 21 de novembro de 2008.- A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Federación Galega de Municipios e Provinicas promoven a primeira Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade, que foi constituída hoxe, e na que 58 entidades locais impulsarán os seus propios plans para acadar unha xestión sostible. A consellería destinará 3 millóns de euros á cofinanciación dos proxectos e plans de sostibilidade local (Axenda 21) destes concellos.

O conselleiro, Manuel Vázquez, e o presidente da Fegamp, Carlos Fernández, asinaron hoxe un convenio para a formación, divulgación e elaboración do proxecto de xestión da Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade, que parte cun orzamento de 230.000 euros para este ano e o vindeiro, cofinanciado nun 80% pola consellería e nun 20