CONVENIO ASISTENCIA DROGODEPENDENTES 2017

Data: 

xoves, 16 Novembro, 2017 (Todo o día) a sábado, 31 Marzo, 2018 (Todo o día)

O obxecto do presente convenio é regular as condicións que rexerán a relación entre a Vicepresidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Conselleria de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a FEGAMP como entidade colaboradora e os concellos que se adhiran e acepten as subvencións cuxas bases reguladoras se recollen neste convenio para o financiamento e desenvolvemento das UADs.Finalidade das axudas para Unidades asistenciais de drogodependencias (UADs).
A finalidade destas axudas é que servirán para levar a cabo o desenvolvemento dos programas de asistencia a persoas con trastornos adictivos, a través das unidades que atenderán a demanda que se xere neste período respectando os
principios de universalidade, anonimato, voluntariedade, equidade e gratuidade.
Dita atención comprenderá, entre outras, as funcións de prescrición e procedementos diagnósticos e terapéuticos, rehabilitación en pacientes con déficit funcional recuperable, a educación para a saúde no seu ámbito de actuación e a realización das prestacións sociosanitarias que correspondan con este nivel de asistencia en coordinación co sistema de servizos sociais. A intervención de asistencia sanitaria e atención aos trastornos adictivos farase a través das Unidades Asistenciais de Drogodependencias (UAD) das que dispoñan os Concellos. 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto do convenio4.2 MB