CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, PARA O ESTABLECEMENTO DUN SISTEMA PÚBLICO DE XESTIÓN DA BIOMASA NAS FAIXAS SECUNDARIAS

 

Este convenio ten por obxecto instrumentar a cooperación da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, Seaga, e a Fegamp, cos concellos que voluntariamente se adhiran ao presente convenio, mediante o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nos montes ou terreos forestais incluídos nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa.

A cooperación, que neste convenio se instrumenta, ten por fin garantir a prevención de incendios forestais, de modo que se acade a diminución do número de incendios forestais nas zonas de interface urbana garantindo así o interese público da seguridade de persoas e de bens.

ADHESIÓNS:

  • PRAZO:                       un mes desde o día seguinte á publicación deste convenio de colaboración no Diario Oficial de Galicia (17/08/2018)
  • PROCEDEMENTO:     as solicitudes de adhesión presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario do procedemento PR004A, dirixido á Consellería do Medio Rural-D.X de Ordenación Forestal.
  • DOCUMENTACIÓN:   xuntarase a solicitude de adhesión cuberta e asinada, que se recolle no anexo I do convenio.

 

Descargas: