CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEGAMP E O COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA (COPG)

A través do presente convenio establécese o compromiso que ambas entidades adquiren para colaborar de xeito mutuo e facer chegar a información dos servizos e actividades do COPG a todas as entidades locais de Galicia para que conten cun melllor acceso á atención psicolóxica integral a vítimas da violencia machista.

O COPG ofrecerá á Fegamp e, por extensión, aos concellos, deputacións e entidades menores que o soliciten, asesoramento sobre os programas que desenvolven nesta área. Polo tanto, o COPG facilitará información sobre o acceso a accións de actuación psicolóxica especializada e gratuíta no ámbito da violencia de xénero, mentres se manteñan en vigor ditos programas conveniados coa Xunta de Galicia.
 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto do convenio857.86 KB