CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E A FEGAMP PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS NO ÁMBITO DO PLAN GALEGO DE REHABILITACIÓN, ALUGUER E MELLORA DO ACCESO Á VIVENDA 2015 - 2020

Data: 

mércores, 4 Maio, 2016 - 10:00

O presente convenio ten por obxecto regular a colaboración entre o IGVS e a Fegamp coa finalidade de difundir e promover a incorporación dos concellos de Galicia ao Programa de Vivendas Baleiras establecido no Programa 4 Alugueiro de Vivenda do Eixo 1 Acceso á vivenda do Plan Rehabita, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (en diante, Programa de Vivendas Baleiras), co que se persegue poñer a disposición do mesmo as vivendas desocupadas, para poder destinalas a aquelas unidades familiares ou  de convivencia con maoir dificultade de acceso á vivenda, e de xeito prioritario, ás afectadas por procedementos de execucións hipotecarias ou por desafiuzamentos por impago da renda de alugueiro da súa vivenda habitual.    

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto do convenio3.18 MB
PDF icon Addenda ao convenio 2018860.58 KB