CONVENIO ENTRE O COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑARÍA EN INFORMÁTICA DE GALICIA (CPEIG) E A FEGAMP PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS EN CONCELLOS E DEPUTACIÓNS DE GALICIA POR ENXEÑEIROS/-AS EN INFORMÁTICA

A FEGAMP e o CPEIG asinan este convenio que ten por obxecto establecer a colaboración entre as partes, para unha adecuada programación, desenvolvemento e verificación de prácticas non laborais de enxeñeiros-as en informática colexiados desempregados, en concellos e deputacións de Galicia. 

O obxecto das prácticas non laborais é o desenvolvemento, por parte destes enxeñeiros-as en informática, das tarefas adecuadas ao seu nivel de formación que lles sirvan para adquirir unha experiencia enriquecedora para que, unha vez finalizadas, poidan dispoñer dunha perspectiva que lles permita a súa incorporación ao mundo laboral.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto do convenio3.03 MB