Convocatoria para a dotación de contedores para a recollida selectiva da fracción orgánica de residuos municipais. PRAZO: 30-10-2018

Data: 

martes, 4 Setembro, 2018 (Todo o día) a martes, 30 Outubro, 2018 (Todo o día)

 

 

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático adquiriu un total de 4.670 contedores para a recollida selectiva de residuos de fracción orgánica, co fin de distribuílos, a modo de experencia piloto, entre os concellos interesados en poñer en práctica a recollida separada de biorresiduos mediante contedores de proximidade, co obxectivo de acadar un 50% de valorización da materia orgánica no ano 2020, de conformidade cos obxectivos establecidos pola Unión Europea.

Trátase de contedores de carga traseira de 240 litros de capacidade, de cor marrón, con cerradura para a súa apertura polo usuario mediante chave. Este sistema garante o uso exclusivo destes contedores para a recollida separada dos biorresiduos, impedindo o depósito de residuos por erro ou neglixencia, o que favorece o seu correcto uso e reduce a presenza de impropios que poden limitar as posibilidades de obtención dun compost de calidade.

As entidades locais que desexen optar ao reparto dos citados contedores deberán remitir a súa solicitude antes do 30 de outubro de 2018 á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.  O código de procedemento é o seguinte: PR004A.

Descargas: