CURSO "EXPERIENCIAS COMPARADAS EN URBANISMO E ORDENACIÓN DO TERRITORIO"

Data: 

venres, 26 Febreiro, 2016 - 11:57 a sábado, 19 Marzo, 2016 - 15:00

Este curso organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia terá lugar os próximos días 17, 18 e 19 de marzo na Coruña.

O urbanismo e a ordenación do territorio constitúen hoxe unha preocupación universal nun mundo globalizado. En todos os países e en todos os ámbitos faise necesaria unha ordenación dos recursos baixo os principios de sustentabilidade, racionalidade e participación cidadá.

Este curso ten como obxectivo principal que os alumnos coñezan e analicen diferentes enfoques e perspectivas coas que en diversos lugares do planeta dáse resposta a problemas que, aínda que singulares e específicos en cada un deles, manifestan con todo caracteres de fondo comúns: problemas ecolóxicos, seguridade, asignación de recursos, rede de infraestruturas, políticas públicas ineficientes, etc.

Pode obter mais información sobre o curso no seguinte ENLACE

Para calquera aclaración, poñerse en contacto coa Secretaría do colexio de Arquitectos (981-552400).