Data:
A Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) organiza un Curso sobre a Innovación na Administración Pública que dirixe D. Manuel Arenilla Sáez. Este curso celebrarase os días 9 e 10 de outubro na Fundación Luis Seoane (C/ San Francisco nº 27. 15001 A Coruña).
O curso diríxese a plantexar os principais retos que en materia de innovación teñen as Administracións públicas en canto á redefinición dos seus principios, valores, normas e orientación; a unha maior apertura á sociedade; a contar co talento e os recursos existentes nas organizacións sociais, empresas, familias e cidadáns para satisfacer o ben común; e a transformar, sobre esta base, a súa actuación adaptándoa ás grandes oportunidades que ofrecen as posibilidades dixitais. Non se trata dunha reflexión que deba quedar no campo académico ou teórico, senón que debe levar a unha rápida acción guiada por un amplo proceso de apertura.
INFORMACIÓN E MATRÍCULAS:
Secretaría de Alumnos da UIMP
Teléfono: 981140 790
Correo electrónico: galiciasa@uimp.es
http://www.uimp.es/agenda-link.html?id_actividad=63SO&anyaca=2017-18
Importe matrícula: 80 € (60 € de tasas académicas+ 20 € de tasas de secretaría)
(Alumnos universitarios: 20% de descuento.)
Para outras reducións de prezo: consultar en www.uimp.es
Valor académico: 12 horas
PRAZAS LIMITADAS
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa do curso | 717.29 KB |