Data:
QUINTA EDICIÓN ACCIÓN FORMATIVA "NOVIDADES QUE INTRODUCE A NOVA LEI DE CONTRATOS DO SECTOR PÚBLICO E A NOVA LEI DE PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN NOS SECTORES DA AUGA, A ENERXÍA E OS TRANSPORTES E OS SERVIZOS POSTAIS”
Prazo máximo de inscrición : 1 de marzo de 2018
Os próximos días 14 e 15 de marzo celebrarase en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura de Galicia (EDIFICIO CINC Auditorio 1 Monte Gaiás, s/n 15707 Santiago de Compostela, A Coruña), a QUINTA EDICIÓN da acción formativa "Novidades que introduce a Nova Lei de Contratos do Sector Público e a Nova Lei de Procedemento de Contratación nos sectores da Auga, a Enerxía, os Transportes e os Servizos Postais”.
Este curso, que se desenvolve dentro dun plan formativo deseñado pola FEMP en colaboración coa Dirección General de Patrimonio e o Instituto de Estudios Fiscales, ten como obxectivo central dar a coñecer as novidades da Nova Lei de Contratos e as especificidades da mesma que incumben á Administración Local. Nesta edición colabora a FEGAMP na súa organización e difusión.
Pinchando aquí terá acceso aos contidos e horarios da acción formativa.
Nesta acción, na súa quinta edición, está dirixida a Persoal da Administración Local con prioridade para os empregados locais das Entidades de Galicia e con funcións relacionadas coa contratación.
Pode realizar a súa solicitude de participación accedendo á Área de Formación da FEMP. Se non é usuario rexistrado da páxina de Formación da FEMP terá que rexistrarse previamente pinchando AQUI.
Unha vez realizado o seu rexistro, recibirá por correo electrónico a clave de acceso. Cando dispoña de usuario (email de rexistro) e clave de acceso, visite a páxina de inscrición da Xornada (pode pinchar aquí) introduza o seu usuario e contrasinal e prema no botón solicitar inscrición. Recibirá un correo automáticamente confirmando o seu rexistro e, en caso de ser aceptada a súa inscrición, comunicaráselle ao seu enderezo electrónico á maior brevidade posible.
Se ten algunha cuestión, non dubide en contactar coa Subdirección de Formación:
Tel: +34 91 364 37 00
E-mail: formacion@femp.es
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa do curso | 307.85 KB |