CURSO SOBRE INTERVENCIÓN EN EMERXENCIAS PARA OS CONCELLOS CON GES

No DOG do día 17 de agosto de 2016 convócase un curso sobre intervención en emerxencias para os concellos con grupos de emerxencia supramunicipais (GES).

Os destinatarios do mesmo son as persoas que participaron nunha convocatoria para os grupos de emerxencia supramunicipais e vaian a ser contratados de xeito inmediato, ou se atopan nas lista de reserva. Este curso é imprescindible para poder prestar servizos nos GES.

O Curso terá unha duración de 70 horas e celebrarase entre o 12 e o 23 de setembro deste ano. O prazo de inscrición é de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación da Resolución no DOG (17 de agosto 2016).

Para máis información, poden consultar a resolución aquí.