CURSOS DE LINGUA DE SIGNOS

Data: 

xoves, 23 Maio, 2019 (Todo o día)
Cartel do curso da lingua de signos

Este curso está organizado e impartido pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). É o único centro de Galicia pertencente á Rede Estatal de Ensino da Lingua de Signos da Confederación Estatal de Persoas Xordas. Formar parte da rede estatal asegura a promoción de niveis en calquera lugar de España, nas organizacións que forman parte da rede que é prácticamente todo o movemento asociativo de persoas xordas e que, no caso de Galicia, só é a FAXPG.

prazo para a matriculación nos Cursos de comunicación en LSE permanecerá aberto ata o 25 de outubro.

Tres niveis ofertados: A1-A2, B1 e B2 adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.

As clases impártense en días alternos: luns e mércores ou martes e xoves (2h ½ cada sesión) en horarios de mañá, tarde e noite.

Lugares e datas de impartición: do 07 de novembro ata o 23 de maio, nas 7 grandes cidades de Galicia, con unha duración de entre 120 e 150 horas dependendo do nivel.

Destinatarios: persoas maiores de 16 anos, interesadas na aprendizaxe da lingua de signos española como segunda lingua, un idioma MÁIS.

  • Estudiantes.
  • Profesionais de diversos ámbitos: educativo, social, sanitario,…
  • Familiares, amigos e compañeiros de persoas xordas.
  • Persoas xordas e/ou con discapacidade auditiva que non coñezan a lingua de signos.
  • Etc.

Para inscrición e máis información Pinche aquí 

Enderezo electrónico: lsecursos@faxpg.es  

Teléfono: 981 91 87 68

Descargas: