A EXECUTIVA DA FEGAMP APROBA POR UNANIMIDADE POSPOÑER UN ANO A APLICACIÓN DA PROPOSTA PARA A REDISTRIBUCIÓN DOS GRUMIR



Santiago, 08 de abr. de 08. A Executiva da Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp) aprobou na súa reunión de hoxe, por unanimidade, a prórroga por un ano da Proposta para a Redistribución dos Grupos Municipais de Intervención Rápida (GRUMIR) acordada conxuntamente pola Xunta e a Fegamp e aprobada pola Executiva municipalista o pasado 11 de marzo.

 

Con esta medida preténdese avanzar no deseño da profesionalización do persoal dos GRUMIR, establecendo un calendario a tal efecto.

 

A inquietude polo futuro laboral do colectivo de persoal que integra os GRUMIR que esperta esta e calquera outra proposta de redistribución que se formule, consella o establecemento desta prórroga.

 

Ademais acordouse a constitución dunha com