A Fegamp comprométese coas ONGDs na procura de maior implicación dos concellos na cooperación internacional



As organizacións non gobernamentais agrupadas na coordinadora galega apostan pola colaboración cos técnicos e gobernos dos concellos para impulsar a cooperación internacional dos concellos. Neste ámbito será decisiva ademais a participación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), cuxo responsable, Carlos Fernández, comprometeuse neste sentido. Esta é unha das conclusións dos primeiros encontros de cooperación local comercial organizados pola coordinadora, que reuniron durante os pasados últimos dous días a máis de medio centenar de expertos en Brión (A Coruña). O presidente da coordinadora, Xosé María Torres, subliñou ademais como outra das conclusións de importancia, a aposta por avanzar na capacidade económica do Fondo Galego de Cooperación, que está integrado na actualidade por cen concellos e