A FEGAMP CONVOCA 1 MINUTO DE SILENCIO POLO ATENTADO DE BARCELONA

Desde a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), queremos amosar de parte de todos os concellos de Galicia, o noso rexeito cara as accións violentas ocorridas  este 17 de agosto na cidade de Barcelona e que deixaron tras de si unha estela de morte, medo e tristura.

Alfredo García, presidente da Fegamp, condena de forma contundente este novo acto violento que sementou o terror nas Ramblas de Barcelona e que acabou coa vida de máis dunha decena de persoas deixando ao seu paso máis dun centenar de feridos.

Desde a Fegamp queremos amosar, no nome de todo o municipalismo galego,  a nosa solidariedade coas vítimas e coas súas familias e a consternación que sentimos ante o ocorrido; tamén queremos achegar o noso apoio á L'Assocació Catalana de Municipis i Comarques (ACM) e á Federación de Municipis de Catalunya (FMC) nestes difíciles momentos.

Por isto, e de acordo co tamén proposto pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), queremos facer visible a repulsa ante os feitos decretando 1 minuto de silencio ás 12 da mañá do venres día 18 de agosto ante todos os consistorios galegos; tamén requirimos que as bandeiras ondeen a media hasta durante tres días en sinal de respecto e de loito polos feitos acaecidos. 

Descargas: