Fegamp e Aparelladores asinan un convenio para impulsar bolsas de prácticas nos concellos galegos

Data: 

mércores, 29 Marzo, 2017 - 17:00

A Federación Galega de Municipios e Provincias e o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos ratificaron hoxe un acordo para a posta en marcha de bolsas de prácticas nos concellos de Galicia. A través dun convenio, as entidades locais que o desexen, poden ofertar unha praza de formación nesta área, que se cubrirá con aparelladores/as que se atopen en situación de desemprego.

O presidente da Fegamp, Alfredo García, asinou o documento de colaboración co presidente do Consello, Pelayo Eyo Valladares. Por parte do Consello asistiron tamén á rúbrica o seu secretario, Luís Bernárdez Varela; o voceiro, Ignacio de Juan Frigola e o tesoureiro, Javier Núñez Núñez.

Segundo o compromiso adquirido por ambas as dúas entidades, as bolsas de prácticas serán remuneradas e terán unha duración máxima de 6 meses. O obxectivo do convenio é dobre: vai permitir aos concellos contar cunha incorporación na área de arquitectura técnica e vai permitir a esa persoa beneficiaria adquirir experiencia no traballo diario do eido municipal.

O acordo entra hoxe mesmo en vigor e será a Fegamp quen o difunda aos 313 municipios, para que se anexionen aqueles que estean interesados. O documento íntegro pode consultarse premendo aquí.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon npconveniofegamparquitectostecnicos.pdf116.37 KB
galer_a_fotos