A Fegamp informa sobre os sistemas 'Pido' e 'Clave' para acceso á información da Administración

Data: 

xoves, 7 Maio, 2015 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) enviou dúas cartas ás entidades locais para dar conta dos sistemas dos que dispón á Administración Xeral do Estado para que o resto de administración e os cidadans poidan acceder a datos persoais. No primeiro caso, o 'Sistema Pido', da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ten como obxectivo facilitar ás administracións públicas o acceso a datos sobre terceiros (persoas físicas ou xurídicas) da SS ou do INSS, necesarios para realizar algunhas das súas funcións (outorgar subvencións, contratación administrativa…). No segundo, o 'Sistema Clave' é unha ferramenta de autenticación, que permite ás persoas físicas (aos veciños) acceder telemáticamente aos seus propios datos en determinadas institucións da Administración Pública do Estado (AEAT, INSS, SS, DGT...) mediante un nome de usuario e un contrasinal.

Os interesados disponen de toda a información xeral, instruccións, pasos e modelos/formularios sobre eses dous sistemas nesta páxina web, no apartado 'Documentación', sección 'Comunicacións'.