A Fegamp presente mesa de coordinación de accións técnicas post-incendios convocada pola Xunta

Data: 

luns, 23 Outubro, 2017 - 10:00

Esta mañá o presidente da Fegamp, Alfredo García, xunto co alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia, participaron na mesa de coordinación de acciones técnicas post-incendios convocada con urxencia pola Xunta. Os primeiros pasos que dará Medio Rural serán accións para recuperar o terreo e evitar a erosión do chan. Darase prioridade aos lumes de máis de 300 hac.

Na mesa tamén se pediu colaboración á Fegamp para recabar información dos bens municipais afectados nos concellos e tamén sobre bens persoais.

Alfredo García comparecía ante os medios á salida da reunión para comentar entre outras cuestións as labores encomendadas á Fegamp nesta volta e tamén para falar da "necesidade de sentarnos todas as administracións implicadas no monte tras apagar todos os lums e buscar solucións para que o 15 de outubro non se volva a repetir nunca máis".

Mañá a directiva da Fegamp acudirá a unha reunión na Delegación do Goberno en A Coruña para continuar avanzando no coñecemento sobre os procedementos que se seguirán para a concesión de axudas e poder informar da forma máis directa, rápida e efectiva posible, aos nosos concellos.