A FEGAMP RENOVA O COMITÉ DIRECTIVO DAS SECCIÓNS DE CONCELLOS CON PARQUES EÓLICOS E CON AUGAS TERMAIS



O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e alcalde de Ames, Carlos Fernández, presidiu a reunión das seccións da federación municipalistas de concellos con parques eólicos e con augas termais.

O alcalde de A Cañiza, César José Mera Rodríguez, releva na presidencia ao alcalde de Rodeiro, Eliseo Diéguez. Para as catro vogalías foron nomeados Antonio Montero, alcalde de Avión, Antonio Gato, alcalde de Monterroso, José Manuel Pequeño, rexedor de Dumbría, e Manuel Muiño Espasandín, alcalde de Zas.

O día 22 de setembro de 2005 constituíuse dentro da Fegamp a sección de concellos galegos con parques eólicos coa finalidade de representar os intereses colectivos dos municipios. Ao longo destes case tres anos, o traballo desenvolvido permite facer un balance positivo tanto nos beneficios obtidos p