A Fegamp reúnese coas catro deputacións para abordar a problemática dos custes da Lei de Benestar Animal

Data: 

mércores, 13 Xuño, 2018 - 10:30
lei de benestar animal

Santiago de Compostela, 13 Xuño de 2018.- O 13 de xuño os membros da xunta de voceiros da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) mantiveron unha reunión con representantes das 4 deputacións galegas para valorar e buscar solucións á problemática do aumento de custes municipais para cumprir as novas obrigas da Lei de Benestar Animal.

Na xuntanza fíxose unha análise por provincias da situación actual para obter a máxima información dos pasos que se están a dar. En concreto as Deputacións de Ourense e Pontevedra están a realizar un informe baseado nos datos provinciais dos que dispoñe que se comprometeron a enviar tras esta xuntanza.

A partir de aí a proposta foi pechar outra reunión na que buscar un modelo único de xestión na que todas as administracións implicadas (Concellos + Deputacións + Consellería de Medio Rural) sexan corresponsables para atopar una solución ao problema do financiamento.