A Fegamp, A Xunta e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia unen forzas contra a violencia sexista nas festas galegas

Data: 

venres, 3 Agosto, 2018 (Todo o día)
Presentación da campña" De teoula CONsentido, as fiestas gallegas libres de violencias sexistas" 2018

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez, presentaron a campaña de sensibilización que teñen realizado de forma conxunta as tres entidades baixo o título: "De troula con sentido, as festas galegas libres de violencia sexista". Apélase desta forma ao xogo de palabras “con-sentido” tanto como sinónimo de “con prudencia”, como á necesidade de contar co “consentimento” expreso á hora de manter relacións sexuais.

O presidente da Fegamp, Alfredo García, destacou “o traballo conxunto das tres entidades que de forma colaborativa puxeron en marcha esta campaña co único fin de acabar coa lacra social que supón a violencia sexual”. Na presentación afondouse na importancia de que o material fose personalizable para os concellos xa que incide máis na conciencia da cidadanía.

O material que se acordou incluír na campaña inclúe un cartaz xenérico co slogan da mesma que tamén se enviará por vía electrónica aos municipios en pdf editable que poderá personalizarse para cada concello galego e para cada festa e imprimirse en A-3. A campaña personalizable inclúe tamén material dixital, en concreto unha cabeceira para uso en redes sociais. Todos os concellos galegos recibirán á maior brevidade unha mostra de todo o material para poder ser usado nas festas de verán que se organicen no municipio.