INFORMACIÓN E MODELOS DE SOLICITUDE SOBRE A CELEBRACIÓN DE ESPECTÁCULOS PIROTÉCNICOS NO 2017 - 2018

A Dirección Xeral de Ordenación e Producción Forestal da Consellería do Medio Rural, achega a seguinte información relativa ás disposicións da Lei 3/2007 en materia de fogos de artificio, ademais dos modelos de solicitude ou autorización segundo a cantidade de materia regulamentada e da localización da zona de lanzamento. 

1.- Como norma xeral, están permitidos os espectáculos de fogos de artificio en todo o territorio da comunidade autónoma.

2.- A regulación do emprego de fogos de e outros artefactos pirotécnicos en festas locais ou de arraigada tradición cultural, sempre e cando teñan lugar en terreos forestais e zonas de influencia forestal e en epocoa de perigo alto, realízase no artigo 37 da lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais.

3.- A lei 3/2007, no seu artigo 2, define que se entende por terreo forestal e zona de influencia forestal.

4.- En calquera caso, o solo urbano, o de núcleo rural e o urbanizable delimitado, non teñen a consideración de terreos forestais ou zonas de influencia forestal, polo que os espectáculos de fogos artificiais celebrados nese tipo de solos, non están sometidos á lei 3/2007 e poderanse levar a cabo con total independencia do estado do IRDI o día do disparo.

5.- Tal e como establece o artigo 37 da lei 3/2007, o uso de fogos de artificio e outros artefactos pirotécnicos non está prohibido. A realización de espectáculos de fogos de artificio en festas locais ou de arraigada tradición popular unicamente está condicionada á obtención de autorización do concello cando ditos espectáculos teñan lugar en terreos ou zonas de influencia forestal durante a época de perigo alto.

6.- Cando o espectáculo teña lugar en terreos forestais ou zonas de influencia forestal durante a época de perigo alto, a entidade organizadora deberá adxuntar á solicitude ou comunicación da tirada de fogos, a solicitude expresa de tirada en zona forestal ou en zona de influencia forestal (Anexo IV).

Neste caso, o concello deberá comunicar a autorización ao distrito forestal correspondente cunha antelación mínima de 48 horas.

O concello non deberá remitir ao distrito forestal ningunha comunicación de tirada de fogos astificiais que non se corresponda cunha solicitude expresa de tirada en zona forestal ou en zona de influencia forestal.

Os distritos forestais unicamente se pronunciarán sobre as comunicacións de tiradas de fogos que se correspondan coa solicitude expresa de tirada en zona forestal ou en zona de influencia forestal.

7.- Cando o índice de risco diario de incendio forestal sexa extremo, o concello non poderá autorizar os espectáculos de fogos artificiais en terreos forestais ou zonas de influencia forestal. Así mesmo, entenderanse revogadas as autorizacións concedidas en terreos forestais e zonas de influencia forestal cando o día e a hora de celebración do espectáculo o índice de risco diario sexa extremo.

Se a tirada ten lugar en solo urbano, de núcleo rural ou urbanizable delimitado, e competencia exclusiva do concello a regulación da celebración do espectáculo pirotécnico.

8.- Os lanzamentos só poderán ser realizados por persoal autorizado das empresas que figuren no rexistro sectorial desta actividade.

9.- Os espectáculos que teñan lugar en terreos forestais ou zonas de influencia forestal, só poderán empregar fogos artificiais e outros artificios pirotécnicos elaborados con materiais ignífugos ou ignifugados.

 A continuación pode descargar os modelos de comunicación e solicitudes de autorización de espectáculos pirotécnicos conforme ás normas sectoriais, así como a solicitude específica para terreos forestais ou zonas de influencia forestal (anexo IV) que unicamente se presentará e tramitará cando o disparo teña lugar neses terreos específicos.

Descargas: 

galer_a_fotos