Instituto Galego do Consumo e da Competencia

A Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, no seu artigo 38, autoriza a creación do Instituto Galego do Consumo e da Competencia como organismo autónomo adscrito á consellería competente en materia de consumo, que terá como fins xerais e obxectivos básicos a defensa, protección, promoción e información dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, e a garantía, promoción e preservación dunha competencia efectiva nos mercados no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, na perspectiva de conseguir a máxima eficiencia económica e a protección e o aumento do benestar dos consumidores e consumidoras. Na súa virtude e por medio do Decreto 118/2016, do 4 de agosto, crease o Instituto Galego do Consumo e da Competencia.