LIGAZÓNS DE INTERESE

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

A Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, no seu artigo 38, autoriza a creación do Instituto Galego do Consumo e da Competencia como organismo autónomo adscrito á consellería competente en materia de consumo, que terá como fins xerais e obxectivos básicos a defensa, protección, promoción e información dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, e a garantía, promoción e preservación dunha competencia efectiva nos mercados no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, na perspectiva de conseguir a máxima eficiencia económica e a protección e o aumento do benestar dos consumidores e consumidoras. Na súa virtude e por medio do Decreto 118/2016, do 4 de agosto, crease o Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN)

A Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición, Aecosan, integra e desempeña no marco competencial da administración xeral do estado as funcións relacionadas coa promoción e o fomento dos dereitos dos consumidores e usuarios en bens e servizos, así como a seguridade alimentaría e a nutrición saudable. É un organismo autónomo, adscrito ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a través da Secretaría Xeral de Sanidade e Consumo e é o resultado da fusión entre o Instituto Nacional do Consumo e a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición.

Centro Europeo del Consumidor en España

O Centro Europeo do Consumidor en España (CEC España) é un proxecto cofinanciado pola Unión Europea e polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Forma parte da rede ECC-Net ( European Consumer Centre- Network) integrada por un total de 30 Centros Europeos de Consumidores de cada un dos 28 Estados membros da UE, Noruega e Islandia. Desde a súa creación en 2005, cada un estes Centros ofrece información, asistencia e asesoramento gratuítos e personalizados a consumidores nacionais que teñen problemas coas transaccións realizadas noutro país da rede ECC-Net. O obxectivo é axudar a que os cidadáns coñezan os seus dereitos como consumidores e que poidan gozar de todas as vantaxes que ofrece o mercado único.

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Os obxectivos básicos da axencia Instituto Enerxético de Galicia son o fomento, impulso e realización de iniciativas e programas de actuación para a investigación, o estudo e apoio das actuacións de coñecemento, desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías enerxéticas, incluídas as renovables, a mellora do aforro e a eficiencia enerxética, o fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, a óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia, así como a participación na xestión e prestación, se for o caso, de servizos noutros campos sinérxicos ao enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.

Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC)

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ( CNMC) é o organismo que promove e defende o bo funcionamento de todos os mercados en interese dos consumidores e das empresas. É un organismo público con personalidade xurídica propia. É independente do Goberno e está sometido ao control parlamentario. Entrou en funcionamento o 7 de outubro de 2013.