O presidente da Fegamp acude á Presentación do Corredor Atlántico

Data: 

mércores, 20 Febreiro, 2019 - 10:00

Madrid.- 20 de febreiro de 2019 A Fegamp aposta polo Corredor Atlántico e o noso presidente, Alfredo García, ten acudido sempre ás chamadas ao apoio desta infraestructura básica para o futuro económico de Galicia.

A última cita foi  no ministerio de Fomento onde o ministro, José Luis Ábalos, presentou o proxecto económico previsto para esta infraestrutura.

Os datos presentados para Galicia resúmense en que en 2019, Fomento destinará a este proxecto 2.820 millóns de euros dos 16.872 millóns de euros totais do proxecto no horizonte 2030. Deste importe, 370 millóns corresponden a obras no Noroeste e 660 millóns a traballos en Castilla-La Mancha e Extremadura.

Presentación Corredor Atlántico