OBRADOIROS "CREANDO UNHA WEB AUTOXESTIONABLE PARA A VOSA COOPERATIVA

Data: 

luns, 23 Novembro, 2015 - 14:45 a xoves, 3 Decembro, 2015 - 00:00

A Rede Eusumo, rede de colaboración para o fomento do cooperativismo e a economía social cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, organiza estes obradoiros "Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa" que terán lugar nas aulas CeMIT en Santiago de Compostela e no Concello da Coruña:

  • Santiago de Compostela: días 24 e 25 de novembro de 216:30 h a 19:30 horas nas aulas CeMIT da Xunta de Galicia.
  • A Coruña: días 2 e 3 de decembro de 16:00 h a 19:00 h nas aulas CeMIT da Xunta de Galicia.

A través destos Obradoiro preténdese mellorar a comunicación e a visibilidade dos proxectos de economía social, onde os participantes poderán crear e deseñar o seu propio Blog ou Website a través do software libre Wordpress.

Os obradoiros enmárcanse no programa de actuación 2015 da Rede Eusumo. 

Descargas: