Oficina de atención ao consumidor

O artigo 51 da Constitución recoñece expresamente que os Poderes Públicos garantizaran a defensa dos consumidores e usuarios , protexendo mediante procedementos eficaces a seguridade, a saúde e os seus lexítimos intereses económicos e sociais.
Á comunidade autónoma de Galicia correspóndelle o fomento, e no seu caso a habilitación e apoio, para a creación das oficinas e servizos de información ao consumidor e usuario (art. 24 do Estatuto Galego do Consumidor e Usuario).
Este servizo público debe poñerse a disposición de todos os cidadáns por igual, e posto que as administracións locais son as máis cércanas ao cidadán, considérase prioritario o apoio a todos aqueles concellos de Galicia que na actualidade carecen de OMIC, e que teñen menos de 5.000 habitantes.
Así, ante a imposibilidade que teñen os pequenos e medianos concellos galegos de contar coa súa propia oficina de atención ao consumidor, a Federación Galega de Municipios e Provincias ofrece a posibilidade de que todas as corporacións locais poidan dispoñer deste servizo desde a propia Federación e completamente de balde, gracias ao convenio asinado o 16 de outubro de 1998 entre a propia Fegamp e o Instituto Galego de Consumo (IGC) para a defensa dos consumidores e usuarios nos concellos galegos menores de 5.000 habitantes.
Dese xeito, a Federación Galega de Municipios e Provincias apoia económicamente aos concellos, co fin de que poidan dispoñer dun servizo público mínimo en materia de defensa do consumidor-usuario, poñendo a súa infraestructura, recursos materiais e humanos a disposición dos municipios.

¿PARA QUE SIRVE O SERVIZO DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR?

Xestión de mediación cando xurde algún problema entre os consumidores e os empresarios. Asesoramento previo á compra dun produto ou á contratación dun servizo, para que o consumidor coñeza os seus dereitos. Información dos dereitos dos consumidores-usuarios e sobre a mellor vía para solucionar calquera irregularidade en materia de consumo. Facilitar direccións doutros centros ou organismos relacionados co consumo. Prezos e condicións dos produtos ou servizos de uso común, ordinario ou xeralizado. Facilitar a relación de produtos ou servizos que están prohibidos polo seu risco ou perigosidade. Recoller todas as denuncias ou reclamacións presentadas polos consumidores.
¿QUEN TEN A CONSIDERACIÓN DE CONSUMIDOR OU USUARIO?

Son consumidores ou usuarios as persoas físicas ou xurídicas que adquiran, utilicen ou disfruten de bens mobles, inmobles, medios, produtos ou servizos e actividades, calquera que sexa a natureza, pública ou privada, individual ou colectiva, de quen o produce ou intervén, directa ou indirectamente, na súa comercialización, sempre que o seu destino final sexa o seu uso persoal , familiar ou colectivo. Non ten a consideración de consumidor ou usuario quen sen constituírse en destinatario final, adquira, almacene, utilice ou consuma bens ou servicios, co fin de integralos nos procesos de produción, transformación, comercialización ou prestación a terceiros.

¿CALES SON OS DEREITOS DOS CONSUMIDORES E USUARIOS?

Segundo o Estatuto Galego do Consumidor e Usuario temos dereito:

  • Á protección da saúde e á seguridade
  • Á protección dos intereses económicos e sociais
  • Á información e educación en materia de consumo
  • Á representación, consulta e participación a través de asociacións de consumidores
  • A reparación de danos e prexuízos

¿ONDE DIRIXIRSE PARA OBTER INFPORMACIÓN E PODER RECLAMAR?

Os consumidores e usuarios ante calquera dúbida, reclamación ou denuncia pódense dirixir a calquera dos seguintes organismos:

  • Servizos provinciais de consumo
  • Asociacións de consumidores
  • Oficinas municipais de información ao consumidor (OMIC)
  • Centros transfronteirizos de información ao consumidor

¿Que son os servizos provinciais de consumo?
Son unidades administrativas a través das cales a Dirección Xeral de Comercio e Consumo, exerce na súa provincia as súas competencias nesta materia.
¿Que son as asociacións de consumidores?
Son agrupacións de consumidores constituídas legalmente (segundo a Lei de Asociacións), e que persiguen a defensa dos seus intereses como consumidores e usuarios.
¿Que son as OMIC?
Son servizos que ofrecen os concellos e que están destinados específicamente aos consumidores. Nelas poden percurar un asesoramento previo ou interpoñer unha reclamación ou denuncia no caso de que xurda un problema.
¿Que son os centros transfroteirizos de información ao consumidor?
Son centros que proporcionan información e asesoramento específico a quen desexe contratar ou realizar compras noutro país comunitario.