Os concellos galegos comprométense coa sensibilización sobre a diversidade sexual

Data: 

venres, 28 Xuño, 2019 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias lanza a campaña 2019 con motivo do Día do Orgullo LGTBIQ na que se inclúe un manifesto institucional cos compromisos que os concellos galegos lanzan nesta ocasión desde o eido local. A campaña estase a distribuír baixo o lema Os concellos galegos pola sensibilización na diversidade sexual e o manifesto inclúe compromisos específicos de rexeitamento á discriminación por razóns de orientación ou identidade sexual, e o compromiso tamén da posta en marcha de programas de sensibilización e educación que axuden á cidadanía a ter máis coñecementos sobre as diferentes sexualidades e así respectar a diversidade sexual.

A campaña inclúe deseños coa bandeira multicolor para os perfiles de Facebook e twiter da Fegamp - tanto para as fotos de perfil como para as portadas-  e tamén un deseño co manifesto que os concellos poderán compartir nas súas RRSS adheríndose así aos compromisos que nel se manifestan.

galer_a_fotos